Renda Básica, Traballo e Traballo garantido.

1) Análise xeral. O concepto de incondicionalidade e de traballo.

Análise do artigo “Diferencias entre la renta básica universal y el trabajo garantizado: ¿pueden ser compatibles?” de Eduardo Garzón Espinosa1. Esta análise é sobre o mencionado artigo (e non sobre a totalidade da proposta de Traballo garantido).

A- Desde a perspectiva da Renda Básica (RBUI) creo que a principal diferencia está no concepto de Incondicionalidade, xa que dunha lectura atenta do artigo dedúcese que o traballo garantido sería realmente unha condición, un traballo obrigatorio para os que non tivesen ingresos suficientes.

Efectivamente, di Eduardo Garzón no texto: “Las diferencias más palpables a simple vista tienen que ver con la condicionalidad de la renta entregada por el Estado, su cuantía y la forma de financiación. Mientras que con la renta básica universal el Estado entrega una renta monetaria a todo el mundo sin excepción, sin condiciones y sin obligaciones asociadas, con el trabajo garantizado el Estado entrega una renta a quien pueda y quiera trabajar a cambio de realizar una actividad útil para la comunidad. En román paladino: se non queres ou podes traballar non recibes a renda asociada ao Traballo Garantido. Se non tes unha renda suficiente, ou sexa se es pobre, estás condicionado a aceptar o traballo “garantido”, de non aceptalo non cobras unha remuneración que necesitas para vivir (ou, supoño, cobrarías outra renda condicionada, como sucede agora, se ademais de pobre non podes traballar).

B- No fondo a proposta de traballo garantido parte do relato propio do sistema capitalista sobre o traballo remunerado, o do “dereito ao traballo”. Como escribe E. Garzón:No obstante, esta propuesta (la Renta Básica) siempre se ha enfrentado, en mayor o menor medida, a las posturas de quienes —por diferentes motivos— defienden el derecho al trabajo en vez del derecho a una renta monetaria”. Desde a miña perspectiva, o marxismo, o “dereito ao traballo (remunerado)” é realmente o “dereito a poder cumprir a obrigación de traballar” (e non caer no terríbel “exercito de reserva” dos parados) e dicir, o dereito a vender a túa forza de traballo o máis dignamente posíbel. Tamén entendo que o traballo remunerado é o traballo concreto determinante na sociedade actual pois, se ben tamén hai traballo de coidados, traballo regulamentado nos bens comúns ou mesmo traballo ordenado polo estado, a realidade é que hoxe son marxinais no sistema e non son dos que falan os defensores do dereito ao traballo e do “traballo garantido”.

En calquera caso, creo que este texto non é o lugar para afondar neste debate, déixoo anotado.

C- Sería diferente de sumarse o “traballo garantido” a unha Renda Básica que tivese todas as súas características, “sen trampas”, Universal, Incondicional (independente de se traballas ou non), Individual e Suficiente (independentemente de aceptar ou non un traballo). Ou sexa, se o traballo garantido non fose, ao mesmo tempo, obrigatorio. Volverei sobre isto no seguinte punto.

2) Valoración das propostas concretas incluídas no texto de Eduardo Garzón.

Eduardo Garzón fai no artigo unha serie de “propostas de acordo” entre a Renda Básica e o Traballo Garantido que, resumidas, recolle nas conclusións. Distribúeas en cinco grupos.

– En primer lugar …se podría entregar una parte de esta (Renda Básica) en forma de bonos que solo sirvieran para comprar determinados productos que respetasen unos mínimos de bienestar general, o incluso entregar una parte directamente en especie, esto es, en bienes y servicios reales escogidos colectivamente por su conveniencia social y ecológica. Eses bonos non serían compatíbeis coa Renda Básica, pois 1) Non sería unha prestación monetaria, 2) máis importante, sería unha renda condicionada (a determinado tipo de gasto) e 3) incluiría un incomprensíbel control estatal sobre a parte da poboación sen ingresos suficientes (os pobres).

– En segundo lugar, para maximizar la utilidad general de la libertad y el tiempo libre de los beneficiarios de la renta básica universal —y evitar el riesgo de que fuese utilizado con fines individualistas con poco o ningún beneficio comunitario— se podría ofrecer desde el Estado la posibilidad de participar voluntariamente en actividades sin ánimo de lucro y orientadas a mejorar el bienestar colectivo, tratando de orientar así su esfuerzo y dedicación en tareas útiles para la sociedad. Francamente: prefiro non comentar nada sobre o tono da redacción. Agora ben non vexo ningún inconveniente e pareceríame moi ben que o estado ofreza “la posibilidad de participar voluntariamente en actividades sin ánimo de lucro y orientadas a mejorar el bienestar colectivo”. É máis, vistos os problemas que se nos veñen enriba (como o clima ou a biodiversidade, por exemplo) e das necesidades de coidados, pareceríame unha iniciativa interesante sempre que fora voluntaria e non dirixida especificamente aos “beneficiarios” da Renda Básica (lembremos a Renda Básica recibiríamola todos, é dicir, todos seríamos beneficiarios da renda básica).

– En tercer lugar, con el objetivo de evitar que algunos empleadores reduzcan los salarios de sus trabajadores —sabedores de que gracias a la renta básica no saldrían perdiendo capacidad adquisitiva— se podría prohibir legalmente que aquellos puedan reducir los salarios una vez se implementase la renta incondicional o, alternativamente, fijar un salario mínimo por hora decente y supervisar que dicho nivel se respetase. Creo que este tipo de medidas forman parte da lexislación laboral e da negociación sindical. Tamén creo que no fondo subxace un estraño medo a que traballadores que cobran unha renda básica suficiente, e que teñen por tanto menos urxencia en vender a súa forza de traballo e dispoñen, ademais, dunha “caixa de resistencia”, van ser, curiosamente, explotados máis facilmente que os que non cobran unha renda básica. Paréceme inxustificado ese medo, pero obviamente está por ver. De todos xeitos, se ao estado democrático lle parece ben fixar esa lexislación, pois ben, creo que non é un asunto da Renda Básica, nin do Traballo Garantido.

– En cuarto lugar, para aprovechar al máximo los potenciales beneficios derivados del trabajo, el Estado podría ofrecer a los beneficiarios de la renta básica la posibilidad de trabajar voluntariamente en condiciones dignas para el bien común, puesto que si los beneficios derivados del trabajo son tan únicos y exclusivos como defienden los partidarios del trabajo garantizado, la mayoría de ciudadanos acabaría escogiendo alguno de esos empleos porque solo así podrían disfrutar de dichos beneficios. Como xa dixen, e sempre que a Renda Básica sexa Universal, Incondicional, Individual e Suficiente, que o estado ofreza esa posibilidade voluntaria a todas as persoas paréceme ben (e insisto, porque parece que hai que aclaralo, os “beneficiarios da Renda Básica” son todas as persoas, é Universal).

– En quinto y último lugar, a) para tratar de contener los riesgos inflacionistas asociados a la renta básica que denuncian los partidarios del trabajo garantizado se podría financiar el ingreso incondicional a través de una reforma fiscal menos potente que detrajese renta del 40% o 50% de la población más acaudalada para transferírsela a la población restante, en vez de hacerlo con el 20% para transferírselo al 80% As porcentaxes do 20-80 de que se fala nalgúns estudos de partidarios da Renda Básica non foron escollidos ao chou senón que son o resultado de cálculos verificábeis realizados neses estudos. De proporse porcentaxes diferentes deberían basearse tamén en cálculos baseados en estudos e verificábeis e neste artigo non se fai. En canto ao tema da inflación da Renda Básica (e non a do Traballo Garantido) é unha suposición que non é este o lugar para debater.

b) … o también (…para prevenir la inflación…) se podría poner en marcha al mismo tiempo una renta básica y un trabajo garantizado, de forma que parte de la nueva capacidad adquisitiva lograda a través de la primera medida fuese absorbida parcialmente por los bienes y servicios producidos a través de la segunda medida. De pretender facerse restando dunha RBUI “suficiente” unha parte para dala como salario dun Traballo “garantido”, non sería aceptábel pois, por definición, a Renda estaría condicionada e sería insuficiente. De tratarse (como neste caso parece deducirse do contexto) de traballo realmente voluntario e a Renda Básica se cobrase coas características de Universalidade, Incondicionalidade, Individualidade e Suficiencia, e como xa dixen ao falar das propostas segunda e cuarta, non lle vería ningún problema. Por outra banda, igual que no caso quinto a) non entro neste momento no debate sobre a suposta inflación da Renda Básica que se quere “resolver” con esta medida.

En resume, coido que a proposta de traballo garantido sería razoábel se o que se pretende é que o estado garanta traballos uteis socialmente para que os podan realizar voluntariamente aquelas persoas que queiran, ou sexa, sen que lles sexa obrigatorio realizalos para poder acadar un nivel de renda suficiente, nin ter que xustificar, no seu caso, por qué non os aceptan. É máis, creo que sería positivo, ben sexa como traballos remunerados (a maiores da renda básica) ou 1) como apoio a traballos voluntarios en defensa dos bens comúns (como os de recuperación de territorios degradados nas “Custodia do territorio”, por exemplo: Ver Fragas do Mandeo2), 2) traballos de coidados ou 3) traballos organizados polo propio Estado. O problema non é que estean garantidos senón que non sexan obrigatorios na práctica no sentido de que non sexan unha condición necesaria para cobrar unha renda suficiente para poder vivir materialmente con dignidade.

Resumindo: A proposta de Traballo Garantido entendo que non é compatíbel coa Renda Básica (RBUI) e, por tanto, non a apoio.

1“Diferencias entre la renta básica universal y el trabajo garantizado: ¿pueden ser compatibles?”

Eduardo Garzón Espinosa

https://revistas.ucm.es/index.php/POSO/article/view/78023/4564456561124

2Ver o apartado “Doadores e voluntarios” da páxina:

https://www.fragasdomandeo.org/mision/como-traballamos

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario