(Nota: Ler em galego reintegracionista Leer em castellano)
Introdución.Internet (a Rede de Redes) aquel espazo ilusionante de hai uns anos, estase a converter cada vez máis nun espazo onde nos sentimos (estamos) atrapados como peixes nunha Rede de Arrastre. Parece (é?) un conto de terror.
Imaxes do pasado. Imaxes en sucesión cada vez máis rápida. Os tempos da ilusión. Cando Internet (a Rede de redes) era un presente e un futuro de esperanza, ilusión, progreso, interaccións positivas. A-Alter-globalización. Outro-mundo-é-posible, Nunca-Máis, 15-M. Grupos de Facebook nos que tantos aprendemos tanto sobre Desigualdade, Feminismo, Renda Básica, Cambio Climático… e tantas cousas máis… (As imaxes fúndense en negro. É tempo pasado).
Imaxes da situación actual:
– Helen Jay en Scientific American (cita 1-a) 1: Preocupación nunha revista científica. Describe os modelos de negocio orientados ao lucro e como prexudican á democracia. A crise xeneralizada de saúde mental dos adolescentes (1-c). A maior polarización política. A demanda constante de atención dos usuarios.
– Pat de Brún, de Amnistía Tech en La Marea (2-a) 2: Manipulación. Demonización e Ataque a grupos minoritarios. Influencia nos resultados electorais. Aceptación de cookies. Aumento da desinformación (entendida “non como información incorrecta senón como información falsa creada para enganar”).
– Noticias en The Guardian (3-a) 3.Graves disturbios en Inglaterra pola acusación falsa do asasinato de 3 nenas por “un inmigrante islámico”. Ameazas de guerra civil neste país de Elon Musk (X) (3-b). Ataques en rede ao boxeador “trans” que non é trans (3-c). Repetición dos bulos ingleses no asasinato de Mocejón-Toledo (3-d e).
Análise:Debullar o que acontece dende diferentes perspectivas xa que a preocupación é multifacética: científica, social, política, médica, cultural…
-Desde a ciencia. Citar o artigo en Scientific American (SCIAM) de Helen Jay. Título “Necesitamos unha Internet de servizo público para liberarnos do dominio da gran tecnoloxía” (1-a). Advirte “Non debemos contentarnos con deixar as perspectivas da democracia, do mercado laboral e da humanidade en mans de magnates multimillonarios da tecnoloxía. Necesitamos unha Internet que, en cambio, poña o público e a democracia en primeiro lugar”. E que “a intelixencia artificial pode supor riscos máis extremos”. Cita ligazóns a outros artigos sobre saúde mental (1-c) ou polarización política, en SCIAM, ou en Nature “A negatividade impulsa o consumo de noticias em liña” de Claire E. Robertson et all (1-b), máis analítico.
-Desde o social, cita o libro de Marta G. Franco «As redes son nosas» (Consonni, 2024) (4-a) 4: “Silicon Valley non inventou Internet, só o negocio de extraer valor dos datos das persoas”. Vista rápida nunha entrevista en Tercera información (4-b) ou, alternativamente, neste vídeo de Alba Lafarga (4-c). “(Temos que) recuperar este espazo ao que renunciamos e que supón renunciar a unha ferramenta esencial. Precisamos gobernos dispostos a intervir, regular e investir en infraestruturas dixitais públicas, e tamén necesitamos unha sociedade civil activa organizada en torno a múltiples proxectos reivindicativos e de autoxestión”. Mención ao fediverse (“a alternativa máis viable”). Recomenda “comezar por abrir unha conta en Mastodon, que é a máis coñecida“.
-Desde a política. Lembra Cambridge Analytica (Ver Análise de El País (5-a)) 5. Lembrar a advertencia do propietario de X sobre a “guerra civil” en Inglaterra en plena oleada dos ataques da extrema dereita xenófoba (3-b). Recomendar artigo en Público.es de Guillermo Zapata sobre Elon Musk (5b).
– Máis rápido: Lembrar artigo sobre saúde mental en SCIAM (1-c). Redes sociais e Intelixencia Artificial en Educación ou Cultura (6-a) 6. Pornografía en e con menores (e non só). Sesgos de xénero, raza, etc. en AI. Unha “Intelixencia Artificial” apropiada por empresas que, por definición, só pensan nos beneficios. Increméntase a percepción dos riscos (Maldita.es (6-b)).
En busca de solucións:
– Caso 1 “La Marea”: Investigación sobre cookies, conclusións e decisión valente (2a e b).
Investigación do xornal dixital La Marea (05-06-2024) sobre as cookies. Analizou os 10 xornais españois máis lidos (só colaborou un -eldiario.es-). Compromiso inesperado e valente, resultado desta investigación. Spoiler: abandonou as cookies.
Citar: “cando críamos que o traballo estaba rematado e comezamos a revisalo, soou a alarma final: entre febreiro de 2024, cando extraemos por primeira vez os datos dos socios (destinatarios das cookies) e principios de maio, todos os medios, agás un, cambiaran o seu número de socios. O número… incluso variaba dependendo da IP desde a que nos conectamos“.
Dato: Un único socio (Zeotap) ten…”máis de 500 millóns de identificacións… clasificadas en centos de categorías segundo os seus gustos ou estilo de vida“.
Corolario: “Tentamos rastrexar o percorrido dos datos que cedemos, pero non chegamos a ningún destino final. Porque é imposible facelo, non hai fin. E ese foi, precisamente, o corolario desta investigación”.
Decisión-Compromiso: “Só manteremos cookies técnicas que sexan esenciais para o funcionamento do sitio web. La Marea convértese así nun espazo ‘libre de cookies’. Dentro duns meses explicarémosvos se é posible vivir sen “galletitas” e non morrer no intento”.
– Caso 2- amarinha.gal en Mastodon.
Unha reacción próxima a aplaudir 7: Naceu unha nova instancia de Mastodon, amarinha.gal. Antonio Gregorio, compañeiro columnista de Praza explica (8-a) “de xeito resumido o que, para que, o como, e algunha cousiña máis accesoria. Pode que o lema que se lle poidera asignar soara algo así como ‘un lugar teu e para ti con eventos, produtos e servizos próximos’”. Agardemos que cunda o exemplo noutras comarcas, sectores, culturas, identidades, gustos, inquietudes…
A amarinha.gal forma parte de Mastodon e este do Fediverso (citar Marta G. Franco (4-a)) “A idea da federación (Fediverso) consiste en crear plataformas sociais utilizando software libre instalado en distintos servidores, con capacidade de comunicarse entre si grazas a que comparten protocolos comúns É dicir, “ábreste unha conta nun destes servidores e podes seguir comunicándote con persoas que están noutros… Temos a posibilidade de crear unha infraestrutura dixital que combine. xestión pública, privada e cidadá, coa que podemos recuperar o control dos nosos datos e construír espazos de debate e socialización moito máis saudábeis”.
Resumo: recuperar o control. Ser donos en común da Rede de redes. Unha Internet novamente descentralizada e de código aberto.
——————————-
1 a) https://www.scientificamerican.com/article/we-need-a-public-service-internet-to-free-us-from-big-techs-grasp/
b) https://www.nature.com/articles/s41562-023-01538-4 )
c) https://www.scientificamerican.com/article/social-media-can-harm-kids-could-new-regulations-help/
2 a) https://www.lamarea.com/2024/06/05/por-que-la-marea-ha-decidido-ser-una-zona-libre-de-cookies/
3 a) https://www.eldiario.es/internacional/theguardian/extrema-derecha-incendiado-bulos-xenofobos-protestas-apunalamiento-mato-tres-ninas-inglaterra_1_11564349.html
https://www.esquerda.net/artigo/extrema-direita-usou-crime-em-espanha-para-espalhar-mentiras-e-odio-online/91974
4 a) https://www.consonni.org/es/publicaciones/las-redes-son-nuestras
c) https://www.youtube.com/watch?v=F5DpMGwTFTQ
5 a) https://elpais.com/tecnologia/2023-11-13/los-data-brokers-que-son-y-como-funciona-el-mercadeo-de-datos-personales-en-la-sombra.html
6 a) https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/intelixencia-artificial-ten-desigual-penetracion-sector-da-cultura/20240709183753202123.html
b) https://maldita.es/malditatecnologia/20240311/encuesta-inteligencia-artificial-preocupaciones-cis/
7 a) https://praza.gal/opinion/amarinhagal
c) crear unha conta rápida em Mastodon: https://mastodon.social/explore
d) Crear unha conta em Matodon Galicia (necesita confirmación do xestor): https://mastodon.gal/about
e) Algumhas páginas de interesse em Mastodon.gal:
-Colectivos Cidadáns pola RBU: https://mastodon.gal/@colectivos_pola_rbu
-Modepen: https://mastodon.gal/@modepen
-Rede Cultural de Betranzos e Bisbarra: https://mastodon.gal/@RedeCulturalBetanzosEBisbarra
Vexo o artigo coma un xerme que hai que coidar e regar para que chegue a ben xermolar. Espero arrimar o ombreiro e contribuír (e animo a facelo) para que entre todos chegue a bo fin.