Non ao Proxecto de Lei para o impulso dos Plans de Pensións de Emprego

 

Artigo publicado en Praza.gal por Gonzalo Balo Mosquera Bieito Lorenzo Penela Francisco L. Vázquez Vizoso

O
Proxecto
de Lei para o impulso dos Plans de Pensións de Emprego
aprobado
no
Consello
de
Ministros
o pasado
22
de febreiro
continúa
a súa tramitación parlamentaria grazas o apoio do goberno e do PP,
Ci
udadanos
e Vox, tras ser
rexeitada
a
emenda á

totalidade presentada po
lo
BNG
o
24 de marzo,

malia
obter
os
apoios de

Esquerra Republicana, EH-Bildu, Más País-Equo, a CUP
e
Compromís
.

Os
Plans
de Pensións de Emprego
son
un
sistema privado individualista de capitalización
cos
que se pretende

acadar
unha
maior
extensión
que
a
dos
actuais

plans
privados complementarios de pensións.
Os
seus beneficiarios serán,
por
tanto,

unicamente a
s
persoas que p
oidan
facer achegas
durante
a

súa vida laboral, deixa
ndo
deste
xeito
fóra
a amplas capas de poboación máis desfavorecidas, con empregos en
sectores máis precarizados ou empobrecidos,
moi
especialmente á
s
mulleres.

É
dicir, van favorecer unicamente,
por
unha banda,

ás persoas de

altos ingresos e,
pola
outra,

á oligarquía financeira que capitalizará e verá aumentar o seu
negocio con miles de millóns de euros.

É
tamén
vai supoñer
o
primeiro paso para o progresivo debilitamento e desmantelamento do
Sistema Público de Pensións.
De
feito a
súa
posta en marcha
será
financiada por toda a cidadanía mediante
tres
mecanismos:

-Achegas
iniciais públicas (descoñ
écese a
contía
neste momento),

Incremento
das desgravacións
fiscais para os que subscrib
an
o plan (1.500 euros) e para as empresas (8.500 euros)

E
probabelmente o máis grave, d
escontos
ás empresas nas cotizacións á Seguridade Social,
excluíndo
das bases de cotización
ata
1.380 euros anuais o que, seg
undo
os cálculos
do
ministerio, suporá un a
forro
de cas
e
400 euros por traba
llador
ao
a
no.
Deste
xeito

por cada 2.500 traballadores/
as
que se acollan a ela, a Seguridade Social deixaría de ingresar
1.000.000 de euros ao ano.

Darase así un aforro das
empresas a costa dos ingresos da Caixa da Seguridade Social,
debilitando o noso Sistema Público de Pensións de repartición e de
solidariedade interxeracional e interterritorial, e anunciando
futuros recortes nas pensións públicas.

Cómpre
lembrar

que
neste
momento

xa é evidente que
o
Sistema Público de Pensións (SPP) é sostible sempre que non se lle
cargue
n
os

“gastos impropios” que non lle corresponde soportar.
Precisamente
o
Tribunal
de C
ontas
cuantific
ou
este martes
22
de marzo

en m
áis
de 103.690 millóns de euros
estes
gastos
impropios
asumidos
entre 1989
e
2018
(Por
certo que seguimos á espera da Auditoría das Contas da Seguridade
Social)
.
E
precisamente e
ste
proxecto
de lei
vai
por

en risco a sustentabilidade do sistema público ao diminuír os seus
ingresos, reducindo as cotizacións.

Se o que se pretende é que
algúns/unhas traballadores/as poidan ter pensións complementarias
cotizando máis, por que non se permite romper o teito de cotización,
hoxe fixado en 4.140 euros mensuais? Abondaría cunha pequena
modificación legal para que, quen quixese, cotizase máis a cambio
de percibir unha pensión superior mantendo un criterio de
solidariedade co resto dos/as traballadores/as. Pero parece que se
dá prioridade ao fomento das pensións privadas que a aumentar os
ingresos do sistema público de pensións pola vía do destope.

Temos
que mencionar tamén o problema da gran incertidume e escasa
rendibilidade dos plans privados de emprego ou empresa que levan anos
funcionando sometidos aos
antollos
dos mercados financeiros, o que explica o estancamento de novas
subscricións nos últimos anos. Podemos dicir que os seus grandes
beneficiarios foron unicamente as entidades financeiras privadas, as
mesmas que con estes plans verán aumentar o seu negocio en miles de
millóns de euros.

Como membros de Modepen facemos
un chamamento á cidadanía partidaria de manter e mellorar o sistema
público de pensións e os dereitos acadados polos/as
traballadores/as, para que non acepten a implantación do sistema de
pensións da emprego. Pola contra debemos reforzar o sistema público
de pensións, incrementando os seus ingresos e mellorando todas as
pensións e, especialmente, as pensións mínimas, as non
contributivas e as de viuvez.

Estamos en contra de calquera
intento de favorecer as pensións privadas con cartos públicos que
implican sempre un aumento da desigualdade e a transferencia de
diñeiro das persoas con menos ingresos a aquelas con maiores
ingresos.

Chamamos a todos/as os
traballadores/as e afiliados/as sindicais a defender, tamén na rúa,
xunto a Modepen e ás Plataformas e movementos de pensionistas dos
diferentes pobos e comunidades do estado, o Sistema Público de
Pensións como un dos piares máis básicos do Estado de Benestar.

Non
á conversión do dereito ás pensións dignas (Art. 50 da
Constitución Española) nun negocio privado
e
Si
á
potenciación e mellora do sistema público de pensións!

Retirada do Proxecto de Lei
para o impulso dos Plans de Pensións de Emprego!

Goberne quen goberne as
pensións públicas deféndense!

Bieito
Lorenzo
Penela,
Francisco
Váquez Vizoso
e
Gonzalo
Balo
Mosquera,
membros
de Modepen (Movemento pola Defensa das Pensións e os Servizos
Públicos)

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario