Concellos, interinos e descentralización

 seguir leyendo en pt-gal                           seguir lendo en es

Di a nova: o concello pecha un acordo histórico cos sindicatos para rematar coa temporalidade dos interinos.(1) 

O problema dos interinos é importante. E non só dos interinos, hai  outras temporalidades. E hai “indefinidos”. E  hai oposicións que non se convocan. Situacións inxustas con moitas aristas. Mais coido que hai algunhas claves que explican unha parte, polo menos da súa existencia, cando menos na  administración local.

Na nova que reproduzo en  (1), aparece mencionada neste parágrafo: “A pesar do acordo alcanzado cos representantes dos traballadores, Iceta non conseguiu chegar a un acordo na Conferencia Sectorial de  Administración Pública coas comunidades autónomas, onde as autonomías gobernadas polo PP ou os partidos  nacionalistas opuxéronse á proposta de Función Pública, alegando que era preciso eliminar ou redefinir as taxas de  reposición, o límite que ten unha Administración pública para renovar o número de empregados públicos, entre  outros puntos de confrontación

Cóntase coma se fose unha escusa (e seguramente o é, cando menos no caso do PP). Mais as taxas de reposición son unha nimiedade. Xunto as leis de estabilidade orzamentaria (as leis Montoro) e as “leis de servizos  esenciais” son a gran espada que pende sobre os gobernos locais que queren facer algo.

Tamén é certo que hai quen si as menciona, e ben, por exemplo: “Desde a CIG piden a “eliminación da taxa de  reposición con carácter indefinido”  (2)   Lonxe quedan xa os tempos dese “gran reformador democrático, case revolucionario desde a perspectiva actual” (modo retranca) Manuel Fraga Iribarne, coa súa Administración única, na parte referida á administración local. Lembremos: anos 90. Manuel Fraga exige a administração única para  Galicia, Catalunya e o País Vasco (EL PAÍS (elpais.com)) onde dicía: (3) 

O proceso de racionalización tamén debe abrir un proceso de transferencia para a administración local, de competencias autónomicas, cando a súa  prestación por parte por esas entidades locais dean paso a un servizo público máis eficaz debido á súa proximidade co cidadán“.

As leis austericidas aínda vixentes que mencionei antes foron no camiño contrario. Coa lexislación austericida os concellos viron gravemente reducida a sua autonomía.

E sen embargo, o cambio do xa claramente caduco modelo neoliberal vai necesitar unha administración local con  capacidade de acción. Para iso temos que reverter esas leis e dotar de forza aos concellos para que poidan remunicipalizar servizos e mesmo crear outros novos. Vémolo por exemplo nesta ligazón falando de auga, a xestión de residuos e a produción de electricidade. (4)

E como contra-exemplo temos isto outro, a denuncia en Nós-diario da perda de poboación provocada polos  parques eólicos. Dous modelos enerxéticos opostos : (5)  

1.-https://www.eldiario.es/economia/gobierno-cierra-acuerdo-historico-sindicatos-acabar-temporalidad-interinos_1_8104937.html

2.-https://www.nosdiario.gal/articulo/traballo/criticas-ao-acordo-estabilizacion-da-funcion-publica-asinado-madrid/20210706195739124943.html

3.-Manuel Fraga exige la administración única para Galicia, Cataluña y el País Vasco | España | EL PAÍS (elpais.com) 

4.-https://www.publico.es/sociedad/empresas-municipales-agua-abren-via-local-soberanias-energeticas.html.

5.-https://www.nosdiario.gal/articulo/social/eolicos-favorecen-despoboamento-rural/20210702172112124711.html

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario