Cousas… que están acontecendo (2021-06-28)

1) IMV  versus RBUI: Novas que non o son tanto: Un tribunal concedeu a Daniel, unha persoa sen fogar, o dereito a cobrar o IMV completo, mais a  Seguridade Social recorreu a sentenza. Asegura que se debe ter en conta os seus ingresos de 2019, polo que ten dereito a unha prestación menor, case a  metade. Efectivamente, a estas alturas novas como esta, relacionada co Ingreso Mínimo Vital, xa non nos sorprenden. A condicionalidade ten estas  cousas, os teus dereitos “dependen” dunha burocracia que vai ser, na mellor das hipóteses, legal, mais nunca xusta. Repetireime: Se queremos xustiza, a  Renda Básica (Universal, Incondicional, Individual e Suficiente) non só é necesaria senón imprescindíbel.

https://www.eldiario.es/economia/seguridad-social-recurre-ingreso-minimo-vital-reconocido-hombre-hogar-tenia-ingresos_1_8068627.html

2) Manifestación polos Servizos Públicos Novas que son necesarias: Manifestación Modepen o 27 de xuño en Compostela pola defensa do Servizos  Públicos. Ver a nova:

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/servizos-depenmais-medios-persoal/20210627181946124333.html

3) Capitalismo de “assholes” Novas que describen un xeito de estar (moi ben) no mundo: A Comunidade de Madrid cumpriu todos os desexos solicitados  por OHL para demoler seis edificios extraordinarios dos séculos XIX e XX e transformalos no epicentro do luxo madrileño, mentres se finalizaba a compra  de Villar Mir a Esperanza Aguirre dun cadro de Goya por cinco millóns de euros. Un exemplo perfecto de capitalismo de amiguetes, ou de “ghilipollas” (descoñezo a tradución correcta en galego) no sentido que ten teorizado Aaron James no seu libro “Assholes: a Theory”
https://www.eldiario.es/cultura/goya-canalejas-intereses-cruzados-esperanza-aguirre-villar-mir_1_8080357.html?mc_cid=7de79bb46e&mc_eid=63bd7c4f83

(Assholes:

https://www.bing.com/videos/search? =youtube+Assholes%3a+La+teoria&docid=607999659347369582&mid=17FA65860A10B6F5004517FA65860A10B6F50045&view=detail&FORM=VIRE )

4) Inmigración. A vergoña de Europa. Novas que precisan unha análise: Notas soltas que van compondo unha parte do quebracabezas dunha política  inxusta e esgotada. A Inmigración ilegalizada: Unha primeira nova, o “nonvaimáis” da explotación dunhas persoas indefensas. Indefensas por  “ilegalizadas”: Os explotadores contrataban estranxeiros baixo a identidade de terceiros. Deste xeito, mentres o traballador cumpría o seu contrato de  traballo que non respectaba o convenio colectivo agrícola, forestal e pecuario da Rexión de Murcia, co cal mal gañaban un euro por caixa recollida, a  persoa inscrita na Seguridade Social sen traballar podía aproveitarse das prestacións e subvencións, o que supón un fraude ao erario público.

https://www.publico.es/economia/detenidas-murcia-43-personas-explotar-campo-migrantes.html

Unha segunda nova: Europa expulsa inmigrantes, xa o sabiamos e tamén que os expulsaba ao inferno. Mais hai infernos e infernos e  Libia é dos peores, un país transformado por nós nun inferno para a súa poboación e, aínda máis, para os e as inmigrantes. En seis meses, perto de13.000 persoas foron  devoltas a un país considerado Non Seguro pola ONU. Médicos Sen Fronteiras parou de prestar asistencia sanitaria en dous centros oficiais de detención  tras o enorme deterioro da situación debido á masificación causada polos retornos da garda costeira libia financiada por Europa.

https://www.publico.es/internacional/migrantes-libia-aumento-devoluciones-libia-agrava-violencia-migrantes-detenidos-centros-desbordados.html?

Unha terceira nova: Inglaterra (e Dinamarca) fixan a súa fronteira para solicitantes de asilo en… Ruanda.

https://elpais.com/internacional/2021-06-29/el-reino-unido-planea-retener-a-los-inmigrantes-irregulares-en-un-centro-fuera-del-pais.html

E unha verdade (unha máis) que desmente un discurso interesado: “… Non, África non quere vir (maioritariamente) a Europa. E si, a teimosía en crelo  corre o risco de reforzar discursos que a priori quérense combater.

https://blogs.publico.es/otrasmiradas/50269/africa-no-ansia-europa-redefinir-las-narrativas-sobre-migracion/

5) Internacional. Procesos que parecen enquistadas: Perú: A legalidade avanza, mais tan amodo que dá noxo

https://www.publico.es/internacional/fujimori-peru-justicia-peru-rechaza-recurso-fujimori-e-investigara-exasesor-padre-soborno.html

Myanmar: Os golpistas militares afiánzanse. Do xeito que saben os militares, claro. A violencia sexual contra as mulleres sempre foi unha arma “lexítima” deles:

https://www.publico.es/internacional/violencia-machista-onu-denuncia-violencia-sexual-detenidas-ejercito-birmano.html

Francia: A extrema dereita ¿derrotada? Polos partidos tradicionais. Ou pola abstención? A extrema dereita non é unha solución á crise do neoliberalismo.  Os  partidos tradicionais tampouco.  Ela está a afastar-se dos valores fundamentais do partido”, disse Jean-Pascal Devaux, um  electricista reformado de Montdidier, na região de Hauts-de-France, ouvido pelo Politico. “Quando a ouço, parece que estou a ouvir uma candidata da esquerda. Está muito branda nas posições anticrime e contra a imigração.”

https://www.publico.pt/2021/06/27/mundo/noticia/uniao-nacional-marine-le-pen-derrotada-regiao-provenca-1968169

6) Análise: Neoliberalismo en crise Asistimos a unha profunda reestruturación do capitalismo europeo e global. Reestruturación que, basicamente, xira en  torno á disputa pola enorme cantidade de recursos mobilizados polos gobernos e as institucións comunitarias, a apertura de novos espazos de negocio  en torno aos eixes “verdes e dixitais”, verdadeiros estandartes dos fundos de recuperación europeos, a loita competitiva a escala global cuxos  principais actores son China e Estados Unidos, onde Europa, consciente de que é un actor menor, pretende facerse cun espazo, e acceder a recursos  básicos (petróleo, minerais, materiais …), esenciais para a modernización das economías, cada vez máis escasos. Neste contexto, é preciso ter en mente que os piares básicos do capitalismo, que o definen como un sistema, non só o que coñecemos como neoliberalismo, son mantidos e incluso reforzados

https://blogs.publico.es/fernando-luengo/2021/06/29/el-neoliberalismo-y-el-capitalismo-han-entrado-en-crisis-y-tambien-se-reciclan/

E unha visión diferente:

https://www.eldiario.es/internacional/theguardian/neoliberal-terminando-estados-unidos-ahora_129_8084683.html?mc_cid=ad78fd53f6&mc_eid=63bd7c4f83

7) E mapa do inicio: O conseguido e o moito que falta por conseguir en materia das Leis de igualdade sexual: Fonte:
https://ilga.org/es/mapas-legislacion-sobre-orientacion-sexual

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario