Por unha banda, as que explican a posición do goberno: nunha ligazón directa á súa páxina (1) e nesta entrevista con Manuel García Hernández, director xeral de Política Enerxética (2). Por outra banda, fico coa páxina de Facua (3) e este artigo de LaMarea (4).
1) Posicionamento do goberno: xa está explícito no título (1): “A nova factura eléctrica … estimulará o aforro enerxético, a eficiencia, o autoconsumo e a implantación do vehículo eléctrico. O director xeral reforza (2) tamén o aumento da porcentaxe de electricidade sobre da enerxía total, actualmente nun escaso 24%, mencionando as bombas de calor. E lendo a letra pequena destaco estas dúas afirmacións:
– a) reducir a necesidade de realizar novos investimentos nas redes de transporte e distribución, (xa que estarán menos saturadas ao se prever un aumento do consumo nas horas do val e, polo tanto, unha diminución nas horas punta). Ben, é unha razón consistente.
– b) Que a factura ten un compoñente variable (consumo) maior que o fixo (enerxía). Ben, isto favorecería ao consumidor e á claridade da factura, pagamos polo que consumimos, favorecendo o aforro e, indirectamente, o autoconsumo, o que é interesante para a transición enerxética. Tamén parece consistente e un bo obxectivo. Manuel García Hernández critica que se descontextualicen algunhas cousas (comenta con retranca o caso de pasar o ferro) e esclarece que o cambio de tarifas non será a única medida, mencionando outras (como o límite aos “beneficios que caen do ceo”. En relación á enerxía hidráulica e nuclear.) Ben, ten sentido.
2) Oposición ás medidas: centran a súa oposición no feito de que as novas tarifas causan trastornos ou, directamente, que é imposible adaptarse aos horarios como pretende a normativa, coa conseguinte culpabilización dos que non poden. Pensando en frío, teñen razón.
Mais Facua tamén di dúas cousas que considero importantes: “FACUA lembra que o documento asinado en decembro de 2019 polo PSOE e Unidas Podemos polo que reflectían os seus compromisos de goberno cos cidadáns, reflectía que as tarifas eléctricas terían un prezo menor para os primeiros quilovatios-horas (kWh) de enerxía consumida. Non entanto, en vez de estabelecer a discriminación prometida con base no consumo, o Goberno decidiu definir unha discriminación horaria que vai causar danos significativos a unha elevada porcentaxe de familias”.
E tamén menciona que “unha alta porcentaxe de familias non teñen casas con alta eficiencia enerxética, equipos que poidan ser programados para o horario en que se queren activar, ou máquinas que lles permitan acumular enerxía pola mañá para utilizar durante o día” “Polo tanto, os consumidores con menor poder adquisitivo serán os máis afectados pola mudanza de tarifa”, conclúen. E hai un problema para aqueles consumidores que, debido ao seu horario de traballo, non poden adaptarse para aproveitar os horarios tarifarios (os tele-traballadores son un exemplo claro).
Diante do exposto, coido que a intención do goberno non é ruín. É unha reforma necesaria (non a única nin a máis importante, mais necesaria) se queremos avanzar cara a un aumento das enerxías renovables, que son máis difíciles de xestionar nas horas punta, e un aumento da electricidade sobre a enerxía total (en detrimento especialmente da fósil) e, en particular, dos coches eléctricos (e as bombas e a calor, parece) pero cometeron erros moi graves. As críticas son acertadas.
En conclusión:
– Entendo que a medida debería ter sido aplicada despois dunha información e dun debate social que foi case inexistente.
– E, dende o logo, coido que os erros que apunta Facua son certos: penso que esta medida debería ter sido precedida, ou polo menos acompañada, por un lado, dunha discriminación por tramos de consumo e, por outro, por programas de apoio á eficiencia enerxética xa previstos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (illamento de vivendas, mellores electrodomésticos, medidas de autoconsumo, etc.)
En canto a acabar coas portas xiratorias e nacionalizar un sector clave para o benestar cidadán, está claro, evidentemente. Tamén hai que ir a por iso. (Em calquera caso, para saber e mais cualificado, recomendo esta entrevista (5))
1) Páxina oficial do goberno:
2) Entrevista a Manuel García Hernández
3) Opinión de Facua:
https://www.facua.org/es/noticia.php?Id=16830
4) Opinión de La Marea:
5) Entrevista a Jorge Fabra: