A Inmigración “ilegal”: Un modelo fracasado.

Sun rays illuminate people. Immigration of people. Blue sky with dark clouds   Ler en es                 Ler en pt.gal

A política europea, e máis en concreto a española, sobre a inmigración “ilegal”  xa un modelo fracasado.Estase tornando cada vezmáis evidente.

Un modelo fracasado porque converteu  a Europa en  refén de tiranos. Turquía, Libia ou Marrocos mandan na UE, non só coa chantaxe dos cartos,1 que estarían mellor empregados noutra cousa, senón, aínda máis grave, condicionando severamente a nosa política exterior en escenarios tan importantes para nós como o Oriente próximo ou os Países da África en xeral e do Magreb e o hara en particular. Mesmo o ditador Erdoğan (a democracia turca estase tornando cada vez menos “democracia”) permítese ningunear á mantenta á Presidenta da Comisión Europea ou o ditador Mohamed, o do reino de alá (e alá” non hai dúbidas sobre o da ditadura) pode crear unha crise europea porque un día tivo un incidente persoal no estreito2 coa garda civil (como nos conta o ex-ministro Fernández Díaz) ou porque atendemos nun hospital deste reino de acá (o de Felipe) ao presidente da República Árabe Saharui (estado recoñecido pola Unión Africana3 e que forma parte dela).

Un modelo fracasado porque o seu mantemento estanos “obrigando” a militarizar o control das nosas fronteiras, mesmo co exercito4 ou, a nivel europeo, cun organismo como  Frontex5 que é a maior “axencia común” de todos os europeos e que está chea de denuncias6 significando, na práctica, unha militarización inaceptábel da nosa política exterior. (E non sería tan ou máis merecedora de termos a “maior axencia común europea”, por exemplo, a loita contra o cambio climático, por unha sociedade non patriarcal ou rematar coa pobreza?)

Un modelo fracasado porque se está actuando con extraordinaria firmeza nunhas fronteiras polas que nin mesmo acceden a maioría das persoas inmigrantes, nin sequera desas chamadas “ilegais”, que entran principalmente polos aeroportos. (Como di Procausa7 “A inmigración irregular en España hoxe vén principalmente de América Central e do Sur. Case catro de cada cinco (77%) estranxeiros sen documentos son orixinarios desta rexión e os inmigrantes irregulares representan xa a cuarta parte de todos os residentes procedentes de América Latina” (Nota. Obviamente non analizo neste momento a inmigración latinoamericana, tan só anotar que entendo que ela non debe ser “ilegalizada”). Pola contra, son as fronteiras das persoas que foxen das guerras e da fame que hai en África ou en Oriente Próximo, talvez aquelas que precisan de mais solidariedade, as máis e mellor “impermeabilizadas”.

Un modelo fracasado porque está propiciando que Europa e este reino de acá admitan como algo normal a existencia de traballo escravo. Enfocando na agricultura, os casos recentes de Odemira8 en Portugal ou de Murcia9e Lleida10 en España son esclarecedores. O mesmo poderíamos dicir da hostalería ou a construción ou o coidado das nosas persoas maiores ou das pequenas (o que merecería unha análise máis detida) que nos amosa como estamos avanzando cara aí, cara o traballo escravo, conformándose un exercito de reserva fortemente desprotexido que contribúe “eficazmente” a empeorar a situación das nosas” persoas traballadoras precarias.

Un modelo fracasado porque Europa precisa, xa agora pero principalmente cara ao futuro, ás  inmigrantes que están11 Compensando o saldo vexetativo negativo, habitando en  áreas rurais baleiras, detendo o envellecemento da forza laboral, encarregándose dos coidados e mantendo as pensións”. Xusto esas mesmas inmigrantes ás que estamos criminalizando (tratándoas
mesmo de
ilegais”, algo que as persoas nunca poden ser, obviamente).

Un modelo fracasado porque esta vía de enfrontar o problema migratorio afasta cada vez máis a Europa dos seus obxectivos fundacionais12, da defensa da Dignidade do ser humano e dos Dereitos humanos, en Europa ou en calquera parte do mundo. A inmigración non é o único factor desta deriva pero si que é un moi importante. É hora de aproveitar a petulancia do rei de alá (Mohamed) para pór punto final á política que realizamos os súbditos do rei de acá (Felipe) e o resto de Europa. É o momento de ser valentes, abandonar a actual política de raíces neoliberais, baseada, e vou concretar no caso de Marrocos e o Sáhara, por un lado na pillaxe  dos recursos naturais13 desta última nación (o Sáhara), principalmente os relacionados coa pesca e os fosfatos, e por outro na venta de armas14, unha venta de armas que lle facemos, por certo, a un reino, o de alá, con problemas co de acá (lembremos, sen entrar a valorar aquí as razóns xeográficas ou históricas, Perejil, Ceuta ou Melilla) e facer unha política en serio15 como outro elemento fundamental desta fase final do neoliberalismo na que, disque, estamos a entrar16

 

5 Páxina oficial de Frontex:

https://frontex.europa.eu/es/

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario